Seguidores

luns, 12 de setembro de 2016

BENVIDOS AO COLE!!

Bos días alumnos e alumnas do Altamar!! Estou moi ledo porque hoxe é 12 de setembro e todos nos volvemos a ver neste novo comezo de curso.

Espero que teñades moitas ganas de traballar e aprender cousas novas. Eu como vedes xa estou a voltas co noso blogue da biblioteca.
Ata pronto!


xoves, 30 de xuño de 2016

CHEGARON AS VACACIÓNS!

Ola! Hoxe estou aquí porque quero desexarvos a todos e todas unhas felices vacacións de verán.
Disfrutádeas moito para empezar o novo curso con ganas!
Ata setembro!!





venres, 17 de xuño de 2016

CONTACONTOS

Como estades? 
Eu estou moi feliz despois de participar no contacontos desta semana. Gustoume ver como disfrutáchedes co conto das galiñas.
Aquí tedes unha mostra da vosa colaboración.





xoves, 26 de maio de 2016

ROMPEOLAS

Nenos e nenas aquí estou de novo!
Na web do cole tedes a nova revista Rompeolas que fixéchedes este curso traballando arreo. Moito se viaxou para poder atoparme! A que estaba ben escondido?
Lembrade que aquí tamén podedes ler todos os números publicados ata agora. Eu xa o fixen!


CÓNTANOS O TEU CONTO

A pasada semana os alumnos/as de 3 anos recibiron a visita da nai de Xoel para contarlles "Sopa Verde".